Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Muñequera

Temos dito que o galego precisa de órganos dinámicos que estean atentos aos usos cotiáns da lingua para propoñer solucións propias a neoloxismos que rapidamente se instalan en castelán. A sociedade camiña maioritariamente en castelán e incluso entre os galegofalantes triunfan termos claramente casteláns por falta de alternativa na lingua propia. Sexa a RAG sexa a Xunta ou calquera ente público ou comunitario debería crear unha oficina que detecte estas novas palabras relativas a novos usos e as galeguice de inmediato, non após décadas cando o seu efecto é mínimo. Velaí os casos de acera ou amortiguadores. Canta xente utiliza beirarrúa ou amortecedores? Outro día falaremos de desahucio.

Hoxe detémonos no castelanismo muñequera (poucas veces convertido no pseudogaleguismo muñequeira). Como lle chamamos en galego a esa fita que se axusta ao pulso? A resposta é sinxela: de pulso, pulseira. E así funciona cando falamos dunha xoia, curiosamente porque en castelán tamén se chama pulseira. Mais o nome de pulseira debería atinxir calquera elemento que se coloca no pulso, sexa de ouro, de prata ou de coiro.

Cando esa pulseira ten uso terapéutico podemos engadirlle o substantivo venda e converter ese pulseira en adxectivo. “Colocáronme unha venda pulseira e agora podo xogar ao tenis”.

Advertisements

Single Post Navigation

Unha reflexión sobre “Muñequera

  1. Xa, mais pulseira é unha cinta fina, de adorno e muñequeira é algo que serve pra que non che doa a man, pra facer deporte (coma os tenistas) e normalmente é algo coma peludo, suave…
    Por certo, eu normalmente uso muñequeira.
    Teño que dicir que non coñecía a existencia de amortecedor, así que agora intentarei usalo. O de beirarrúa si que o coñecía, e creo que moita xente sabe o que significa, que o use xa é outra cousa.

    desafiuzamento e desafiuzar

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: