Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Huraño

En castelán, unha persoa huraña é aquela que se agocha, que evita o contacto cos demais. É unha palabra moi usada nos medios de comunicación e de aí que se coase entre os que usan o galego. É pena que este castelanismo ocupe o espazo léxico que o galego ten perfectamente cuberto con moitos termos enxebres e vivos na fala.

Na Maraña dicimos que unha persoa que non se quere coa xente é un toutizo. Tamén serven os adxectivos xoto túzaro, ou apartadizo. Máis comúns son cualificativos como esquivo, insociable, intratable, brusco, montaraz ou arisco.

Ultimamente escóitase moito a palabra asocial. É válida en portugués e en castelán. O galego estándar aínda non a admitiu aínda que non ten moito para reclamar contra o termo, composto coa nova moda de preceder o sufixo grego a- (que serve para negar a palabra agregada) a adxectivos de uso común (outros casos son anormal) seguindo o modelo de construción de cultismos, caso de anomia ou apatía.

Que adxectivos usades cando falades de persoas apartadizas?

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Huraño

  1. De onde eu son, preto de Santiago, diciamos “cocón”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: