Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Cando diremos duelo e cando dó

A palabra duelo parece, pola súa feitura, foránea. Mais si é galega, cando se refire ao combate entre iguais ou, por extensión, a calquera choque militar ou deportivo. “O duelo clásico do fútbol galego é o Deportivo-Celta”.

Que esa forma en aparencia castelá triunfase en galego ten a ver co momento no que se estendeu a palabra. Considérase que foi no medievo cando da contaminación das palabras latinas duo (dous) e bellum (combate) apareceu duellum. A palabra existe tamén en portugués con idéntico significado.

Outra cousa é duelo entendido como mostra de aflicción pola morte de alguén. Con este significado, duelo é castelanismo, moi estendido pola prensa e pola Igrexa, que xa sabemos que foi un eficaz axente castelanizador.

En galego diremos dó (con acento diacrítico para diferencialo da contracción de+o (do)). Amais de referirse á mostra de dor logo dun falecemento, pode ser sinónimo de mágoa. “Teño dó por esa rapaza, tan intelixente e con tan pouca sorte” e de compaixón, conmiseración. “Teña dó de min, dona Mariña, que son pobre e non teño para comer”.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: