Motriz e motora
Velaquí un caso de adxectivos femininos dos denominados irregulares. Motriz é a forma que usaremos en feminino para motor. “Verónica Boquete é a motriz da selección galega de fútbol”; “A forza motriz dunha sociedade é a poboación activa”.
Ás veces observamos que se emprega comunmente motor con substantivos femininos ou se emprega a forma motora. Ambas as solucións son incorrectas. Motora en galego é un substantivo e define calquera embarcación pequena que se move a motor. Tamén podemos empregar lancha motora.
En @Fundeu explicaban o erro que adoita a cometerse en castelán co adxectivo “motriz” en castelán.
Poñían como exemplo extendido: “sector automotriz”, cando debería empregarse “sector automotor”.
En galego, supoño, tamén se debe reparar nese aspecto. Engánome?
Grazas.
Graciñas polo comentario, Javier. En efecto, cando motor ou motriz levan prefixo hai que respectar o xénero. Industria automotriz mais sector automotor.