Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Esparcir e ciscar

Esparcir é o verbo castelán que aos poucos lle está a gañar a batalla á forma galega esparexer. Os dous termos proceden do étimo latino spargere, que significa dispersar. En portugués dise espargir, case unha mestura entre galego e castelán.

Co sentido de diseminar algo en diversas direccións, o galego ten outros moitos verbos. O que eu sentín máis acotío, xunto con esparexer, é ciscar. Aínda que tanto en galego coma en castelán e portugués, esta forma pode significar tamén cagar, ensuciarse ou derramar cinza, o certo é que eu sempre o sentín sen esa connotación aínda que en moitas ocasións cun matiz de esparexer polo chan ou en desorde: “Sempre que entras, deixas ciscadas as túas cousas polo chan”. Con ese sentido podemos usar tamén os verbos esborrallar ou escagallar. “Entraches por esa porta e escagalláchesme todo o que tiña encol da mesa”.

Se usarmos ciscar co sentido de cagar ou de ensuciarse, temos que ter en conta que significa exactamente cagar por si. “A cadela púxose mala de noite e ciscouse”. “Pasei pola beira da porta e cisqueime”.

Sinónimos de esparexer son espallar, dispersar, estender, derramar, estrar ou estender.

Esparcir co sentido de divertirse ou relaxarse: “Los parque son lugares de esparcimiento” debe traducirse por eses verbos: “Os parques son lugares para se relaxar (ou divertir)”.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: