Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Verxa, verga e varga

Así, con ese x tan lustroso, a palabra verxa ben podería pasar por galega. Mais non. É unha adaptación fonética (exitosa) do castelán verja.
A normativa contempla dúas posibilidades de galeguización deste castrapismo: reixa, enreixado, grade ou gradicela, cando falemos á ensamblaxe de barras horizontais e verticais para protexer xanelas ou o valado dun terreo. E cancela, cancelo, canceleira ou canceleiro cando falemos desa porta composta por varas de metal ou de madeira que dá acceso a unha horta, un xardín, o resío dunha casa…

Curiosidades da lingua, esa artificial verxa ten dúas parentes patrimoniais en galego: verga e varga.

A verxa vén da castelá verja que á súa vez é un empréstito do francés, que usa verge. Ese verge é unha adaptación do latino virga, derivado en verga na nosa lingua con moitos significados: vara delgada, lámina de madeira ou de ramallo coa que se fan cestos, ramas que se usan para facer canizos, vara da parte superior da vela dunha embarcación, atadullo, feito de palla ou de vimbio, órgano sexual masculino… Derivado de verga é varga, un tipo de aparello de pesca fabricado con varas entretecidas nun xeito de gaiola de amplo uso tradicional no río Miño.

De inventarmos unha palabra nova para ese enreixado que define o castrapismo verxa case mellor actualizar o significado de varga, sempre que non nos abonden as outras formas propias.

Advertisements

Single Post Navigation

3 reflexións sobre “Verxa, verga e varga

  1. Na miña zona, de gheada, cando había xente falando sen traballar dicían: Ai! Canto folgha a vergha na fragha!

  2. Na miña aldea dicían, coido que relacionada con verga-vara delgada, vergallazo, con gheada e seseo (verghallaso). Adoitaban usala en frases coma “Vas levar un vergallazo!”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: