Dúbidas do galego

Encol de

Aínda moitas veces encontro en textos en galego o uso da locución preposicional encol de como sinónimo perfecto de sobre. “Hoxe vou falar encol de propostas e promesas”. Por querer distanciarse do castelán acabamos consagrando un hiperenxebrismo.

Só usaremos encol de para referirnos a algo que está nun plano físico inmediatamente superior a outra cousa. “Déixoche as cenorias e as cebolas encol da maseira”. Sinónimos son derriba, encima, por riba.

É unha forma nosa e convén promovela e usala máis pero sabendo que ten máis que ver con enriba de que con sobre. Sinónimos de sobre son acerca de, a respecto de, con relación a…

Advertisement

Single Post Navigation

5 reflexións sobre “Encol de

  1. A min recrimináronme nunha ocasión que escribise nos exames de física “verbo de”, -expresión, por certo, que emprego diante dos alumnos todos os días, polo que deberían coñecela a nada que atendan-; seica era un invento de galego de deseño pensado para lles complicar a vida a mala conciencia. Porén, a expresión “verbo de” emprégana acotío os meus veciños Lelo e Dorinda, galegofalantes octoxenarios que, podo garantir, non aprenderon galego en ningún libro de texto. Dicía Lelo: “Verbo do que che dicía o outro día…” pois iso, que tamén vale como equivalente a “sobre” no sentido de “con respecto a” e a min paréceme marabillosamente enxebre.

    • Esa locución está admitida na normativa e como ben dis, viva no galego oral. Amais, iso de galego de deseño é un invento de quen considera que a nosa lingua debe ser incompleta e estar dialectalizada ao castelán, que como todo o mundo sabe (ironía) é natural, fantástica e non ten deseño ningún detrás. Graciñas por recordarma, eu esquecéraa na lista de sinonimia de acerca de. Apertas

  2. O comentario anterior debería aparecer como de Manolo, non como endlciastgo, xa que é a título persoal. Ocorre que tiña aberta a edición do noso blog en WordPress e asinei, sen fixarme, co nome que nestes casos vai por defecto, o do equipo de normalización.

  3. Boas, gustaríame preghuntarche uma cousa, ti falas de “encol”, e fas referencia ao posición dunha cousa “encol” d-outra, a miña dúbida é nun texto de: Uma historia da língua José Manuel Barbosa. Nela fala do poder negadivo da censura estadal do estado Hespañol coas linguas rexionaes, dí: Istas tres caraiteristicas xeraes do funcionamento da censura estadal, exercense con todo o seu poder negadivo encol do desenrolo cultural das linguas rexionaes. Unhos cantos datos concretos abondará pra facelo evidente.
    O que eu veño a entender de que empregabana de calqueira maneira, non?? Grazas

    • En efecto, encol de non é sinónimo perfecto de sobre. Só se usa cando nos referimos ao acto físico de colocar algo enriba dunha superficie ou dun obxecto. No sentido figurado, mellor usar sobre: “o seu poder negativo sobre o desenvolvemento…”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: