Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Reñir

Este verbo é a forma castelá do latín ringere, que en galego deu reñer. Mais o VOLG non recolle esta forma, que proscribe por considerala dialectalismo sospeitoso de provir do castelán. Esta presunción é falsa. Como ben explica Benigno Fernández, a evolución de ringere cara a reñer é a mesma que de quingentos cara a quiñentos, forma que si admite a normativa.

Outras formas propias que nos serven para desterrar reñir son rifar e berrar… E tamén discutir, porfiar, disputar, altercar, no sentido de contender, dialéctica ou fisicamente.

Regañar tamén é un verbo castelán cando se utiliza no contexto de poñer unha requesta (así é como dicimos na Maraña). Regañar en galego ten moitos significados, desde abrir os ourizos das castañas a mostrar o dente, para rir ou para ameazar. Tamén aparecer fendas ou regañas. “Non sei que pasa naquela casa, están as paredes todas regañadas”.

Advertisements

Single Post Navigation

3 reflexións sobre “Reñir

  1. Vendo a evolución de quingentos a quiñentos, pregúntome se hai algunha zona na que ese ringere dese lugar á forma “riñer” no canto de “reñer”. Asumo, polo menos, que o será un e pechado, nonsi?

  2. En calquera caso, é isto é unha opinión persoal, paréceme que sería máis recomendábel usar rifar ca reñer e cincocentos ca quiñentos.

  3. Pra última oración, eu usaría o verbo fender. Por exemplo :
    Están as paredes fendidas.
    Tamén está admitida o verbo agretar, maks paréceme mellor usar o verbo fender, xa que é máis propio do galego

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: