Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Devaneo

Segundo o dicionario da Real Academia Española, un devaneo vén sendo un amor pasaxeiro, unha distracción ou un delirio. En galego esta palabra non existe.

Así que deberemos buscar palabras substitutas para cada un dos seus significados. Isto é habitual na lingua. Cada sociedade vai formando os campos semánticos a partir da súa cosmovisión. Está visto que para os casteláns, do primitivo verbo devanear como vagar, andar sen rumbo, xurdiron os actuais significados, moi relacionados con ese acto de moverse de aquí para acolá.

Para o significado de delirio, podemos usar amais desvarío, alucinación, loucura, fantasía, soño ou quimera. En portugués permítese devaneio unicamente con este significado mais figura como empréstito do castelán (hai que lembrar que Lisboa foi unha das varias capitais do Imperio español por varias décadas entre os séculos XVI e XVII). “Sus abrazos me dejaban abandonado en mis propios devaneos”. “Os seus abrazos deixábanme abandonado nas miñas propias fantasías”.

Empregaremos distracción ou pasatempo. “Déjese de devaneos, señoría”. “Déixese de pasatempos, señoría”.

Para definir un amor pasaxeiro, podemos empregar amorío, namorico (ou namorisco) ou o anglicismo flirt, aceptado pola RAG e que se debe pronunciar flirte. Flirteo é castelanismo. “Él pensaba que ella sería solo un devaneo pero acabó echándola de menos”. “El coidaba que ela sería só un namorico mais acabou estrañándoa”.

Advertisements

Single Post Navigation

4 reflexións sobre “Devaneo

  1. Ese “estrañándoa” que sempre sae nas pelis da TVG (“estráñoa moito!” e cousas así) nunca me convenceu moito. Supoño que será legal pero a min sóame máis enxebre “ter saudade” como na canción, ou “achar de menos”.

    • Manolo: É curioso como a experiencia modifica a visión de cadaquén a respecto do mesmo fenómeno. Estrañar é un verbo tan común na miña vida diaria que nunca podería pensar no seu uso como algo novidoso ou artificial. E cando ese contorno se ampliou, decateime de que a palabra estaba viva noutros lugares e entre outras xentes. E pola contra, saudade é unha palabra que escoitei moito mais no Brasil e en Portugal. Graciñas por comentar

  2. Concordo en que resulta máis agradable “ter saudade” a “extrañar”. Canto a “achar de menos”, gustaríame, se se me permite, facer unha consulta:
    Adoitaba a empregar “facer de menos” ata que me decatei que podía estar cometendo un erro grande. Agora dubido cal sería a construción axeitada: “achar/atopar de menos”, “botar de menos” ou “facer de menos”.

    Grazas.

    • Graciñas por comentar, Javier:

      Facer de menos ten un significado completamente diferente a estrañar ou sentir a falta. Significa desprezar: “O meu xefe faime de menos só porque son muller”. Para estrañar, amais de sentir a falta, recomendo usar a forma do galego medieval achar de menos, da que naceu por erro echar de menos e regurxitárona no galego moderno como un incorrecto botar de menos. Saúdos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: