Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Tupperware

Que cousas che ten a vida. Agora que a marca Tupperware perdeu a meirande parte da súa cota de mercado, acosado pola competencia (en especial os plásticos que venden os bazares chineses), o seu nome comercial aséntase na lingua común.

Hai anos vimos como nacía o derivado tuppersex, que aproveitaba o sistema de venda da marca de plásticos para a cociña (produtos de venda a través de demostracións para grupos domésticos, case sempre compostos por mulleres) e certa semellanza nos materiais empregados, para difundir obxectos eróticos destinados ao público feminino até entón case clandestinos en sórdidas sex shops. O vibrador converteuse nun utensilio máis da casa, sobre todo logo de que sacasen modelos que se podían meter na lavalouza.

Meses atrás asistimos á guerra do Tupper, conflito plástico entre pais e autoridades educativas en varios lugares a conta do aumento de prezo nos comedores escolares e a taxa por uso das instalacións para as comidas que os cativos levaban na casa en friameiras ou tuppers.

Considero que a Academia debería adoptar esta palabra e adaptala á fonética galega promovendo o uso de táper/táperes para definir os recipientes de plástico dotados de tapa de selado hermético cuxo principal uso é gardar alimentos, tanto crus coma cociñados.

A historia das marcas comerciais cuxos nomes lograron ficar na lingua común é longa. Algunhas xa quedaron obsoletas, caso de chamarlle filomatic a calquera máquina de barbear de coitelas. Outras só triunfaron a medias, como o papel albal ou o pan bimbo, que aínda que de amplo uso compiten coas formas non comerciais. Poucas son as que lograron o éxito de uralita, palabra que incluso vén no dicionario da RAG e que non se pode substituír por outro termo.

Non son Galiza e España os únicos lugares onde se dá este fenómeno. No Brasil, unha xerox é unha fotocopia e unha gillette o que para meus avós era unha filomátic.

Advertisements

Single Post Navigation

Unha reflexión sobre “Tupperware

  1. Pois eu sempre me resistín a isto de nomear un obxecto por unha marca, o que ocorre é que, así como para castelán teño claro o da fiambrera, que é como se lle chamou toda a vida na miña casa, en galego non teño moi claro o termo. Teño escoitado o da friameira -de friame-, pero a verdade é que soa rarito e, por outra banda, nos supermercados galeguizados fálase de chacinería para o que en castelán é charcutería e non se adoptou ningún termo que comparta raíz co friame ou fiambre polo que non sei se estes colan ou non.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: