Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Vela e candea

No galego normativo vela é unha palabra homónima con dous significados diverxentes: pano que se coloca nunha embarcación para propulsala aproveitando que se incha co vento. E quedar esperto durante a noite, substantivo derivado do verbo velar.

Cando nos referimos a unha vela co significado de rolo cilíndrico de cera ou sebo cun fío que se prende para dar luz, o galego normativo utiliza a palabra candea. Curiosamente, en galego unha candea tamén define ese pinguelo de auga conxelada que queda nos tellados logo dunha noite de xeada. A mesma palabra para falarmos de lume e de xeo.

Noutros dicionarios, caso do Estraviz ou o Eladio, aparece vela como sinónimo da normativa candea. Tamén usan vela o castelán e o portugués.

De onde vén vela co significado de cirio? Do verbo velar (coa mesma orixe ca o verbo vixiar): facer garda, ficar esperto, coidar de alguén… A acción de vixiar chamouse vela e aínda que hoxe en día o dicionario da RAG non contempla ese significado, historicamente, unha vela era unha sentinela. “Deixamos dúas velas no castelo e partimos á mañanciña”. A vela como cirio era símbolo desoutra vela: un obxecto que alumaba as esperas, as vixilancias, o desespero polo defunto ou o doente.

É certo que o uso de vela como cirio non se atopa documentado na lingua medieval mais hoxe é maioritario. Persoalmente, coido que a palabra vela debía admitirse como sinónimo de candea se consideramos que o verbo velar, de onde provén, está reflectido nos dicionarios normativos.

Advertisements

Single Post Navigation

Unha reflexión sobre “Vela e candea

  1. Non confundir candea con candil.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: