Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Recorrer e percorrer

Cando Imaxin puxo a camiñar o seu corrector ortográfico compatible cos programas da serie Office de Microsoft, no estreito campo do xornalismo en galego houbo unha revolución: as pantallas da computadora enchíanse de liviáns subliñados en vermello que lle advertían ao redactor dos seus erros. Moitos profesionais aprenderon por fin a forma correcta de moitas palabras e descubriron castelanismos, hiperenxebrismos ou faltas de ortografía recorrentes, caso de absorver, por exemplo.

Mais tamén crearon outros vicios. O máis aborrecible para quen se dedicaba, como era o meu caso, a corrixir textos, o de pensar que se o corrector indultaba unha palabra, era imposible que estivese a empregarse mal. Un destes termos trampulleiros é recorrer, unha palabra presente no galego pero que segundo o uso que lle deamos, pode ser un castelanismo.

Recorrer en galego é un verbo cuxo significado é apelar ou pedir axuda, valerse dun medio ou dun procedemento, presentar un recurso diante dun tribunal e correr de novo (con este último significado apenas se emprega). Mais en castelán, recorrer é ir dunha parte a outra e de aí a confusión.

Para falarmos de itinerario ou camiño, usaremos o verbo percorrer. “Percorrín a Ulloa moitas veces”.

Cando empreguemos o verbo recorrer, debemos atender a que non se pode usar con obxecto directo. É incorrecto dicir: “Recorremos a sentenza no Tribunal Superior”; debemos dicir: “Recorreremos contra a sentenza…”

De recorrer, recorrente (co significado de persoa que interpón un recurso ou cando aparece como adxectivo, elemento que aparece en repetidas ocasións).

E de percorrer, percorrido ou percurso, non recorrido, que en galego tamén é correcto (outra palabra que se burlaba do corrector informático) como participio do verbo recorrer.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Recorrer e percorrer

  1. Mira ti, o de que recorrer non se pode usar con complemento directo non o sabía. Viches? Sempre se aprende algo novo neste blog!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: