Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Temblar

Hai castelanismos, caso de temblar, que están tan metidos no galego que fala a xente que conseguen sobrevivir na lingua oral pese a que a meirande parte dos utentes da palabra son conscientes de que é estraña. Como se di realmente en galego? Teño oído tembrar, tremar… Ambas as formas son castrapismos. O correcto é tremer, forma xa documentada na Idade Media e practicamente calcado ao verbo latino tremere de onde procede.

A RAG admite co mesmo significado tremelar, verbo que tamén pode referirse á acción de oscilar, axitarse unha cousa involuntariamente. “O vento facía tremelar as follas do almanaque”.

Papexar significaba en orixe ferver a cachón algunha cousa. Figuradamente, considerando que a auga que ferve chega a tremelar na pota, pódese usar para definir unha persoa que treme. “Estaba toda molladiña e papexaba embrullada na manta a carón da cheminea”. Cando o corpo se estremece por causa do medo ou do frío, usaremos os verbos tremelicar e tiritar. Bracuñar úsase unicamente cando o tremor ten a orixe na baixa temperatura do corpo.

O castelanismo temblor tradúcese como tremor en todos os contextos. “Quedei a fitar coma pampo para o tremor da candea”. “O tremor de Valparaíso foi dos máis dramáticos da historia de Chile”.

Para o adxectivo temblorosa, usaremos os cultismos trémula ou tremente. “Abraham baixou a man trémula para matar a Isaac”.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: