Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Cajetilla

Hai poucas semanas, un bo amigo, galegofalante e con habitual coidado polo idioma, estarreceme o corpo cando pronuncia no medio dunha conversa: “Teño que ir ao coche que deixei alá a caxetilla do tabaco”. Cos peleiros da caluga requichados por completo, díxenlle: “Cada vez que alguén di caxetilla ou cerroxo, nalgún andel dalgunha biblioteca, os catro tomos do dicionario ‘Eladio’ se lanzan ao baleiro”. “E como hai que dicir, caixetiña?”

Non. Cajetilla é un castelanismo triunfante no galego oral polo preciso do seu significado: paquete de tabaco. Paquete que ten unha forma e un tamaño estándar, inconfundible e asentado nos nosos usos habituais.

En galego debemos descartar calquera adaptación da palabra cajetilla. A normativa recomenda empregar paquete de tabaco.

A palabra paquete é un galicismo (diminutivo derivado de pacque, que significa fardo) admitido en galego fronte ao portugués pacote, que toma a raíz orixinal e non a do diminutivo.

Mais a forma pacote non é allea ao galego. A palabra pacotilla (correcta a pesar desa terminación final sospeitosa de castelanismo por ser outro empréstito, do francés pacotille) sérvenos como base para pensarmos que pacote debería ser admitida pola normativa.

Por certo, pacotilla era en orixe a parte da mercadoría que se transportaba nun buque que non era para vender senón para repartir entre a tripulación. Como habitualmente mariñeiros e oficiais vendían eses bens no propio porto a baixo prezo, estendeuse a expresión de pacotilla para definir algo ou alguén de baixa calidade.

Volvendo ao paquete de tabaco, a miña proposta é chamarlle mazo ou mazo de tabaco ou de cigarros. É a forma que se usa no Brasil e serviría para singularizar este paquete que, como dixemos ao principio, tan característico é.

Outro día falamos dos nomes dos cigarros, que nunca se han chamar cigarrillos.

Advertisements

Single Post Navigation

Unha reflexión sobre “Cajetilla

  1. elositonaranja o dixo:

    Ola! Con esta nova entrada aproveito para pedir (se é posible) unha sobre condimentos alimentarios, dos que parece que estamos tan faltos no idioma.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: