Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Bulo

Esta palabra gaña peso día a día na fala cotiá dos galegofalantes grazas á televisión, medio tan dado a estender rumores ou noticias falsas propagadas con algún fin, tal e como se define un bulo. Ultimamente, as noticias falsas gañaron en facilidade de difusión mercé á internet, especialmente a través das redes sociais, onde se comparten aqueles titulares máis curiosos ou acaídos a unha determinada ideoloxía sen se parar a pensar un minuto sobre a verosimilitude do que se conta.

Mais este blog é de lingua, non de xornalismo. Así que para utilizar correctamente o noso idioma neste caso, propoñemos substituír o castelanismo bulo por palabras propias tales como caroca, non presente no dicionario da RAG pero si no Estraviz, quen lle dá o sentido de “mentira urdida habilmente”, significado preciso para traducir bulo. Tamén se pode usar a palabra conto, que entre os seus moitos significados ten o de rumor ou cousa falsa sen fundamentos. “A min non me veñas con contos e dime a cousa como foi”.

Tamén se poden usar sinónimos de mentira, tales como trola, embuste, bouba, canfurnada e canfurna ou chisme. Cada unha ten o seu matiz semántico que se ha afinar segundo o contexto da frase.

Ollo aos tamén castelanismos bola e patraña para definir o equivalente a un bulo. Di miña nai que cae antes o mentiroso ca o coxo. Non fiarse do primeiro que escoitemos é sempre unha boa maneira de actuar.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Bulo

  1. mentiroso? é correcta esa palabra?

    • Ola, Xesús:

      En efecto, mentiroso-a non aparece no VOLG. Mais si na meirande parte dos dicionarios históricos e en portugués. É palabra viva e forma parte de moitos refráns (cóllese antes un mentiroso ca un coxo) polo que recomendo usalo á par da forma recomendada na lingua estándar: mentirán-ana e mentireiro-a. Graciñas por comentar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: