Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Tenza e tenencia

O galego tenza e o castelán tenencia proceden do mesmo termo latino: tenentia. O galego erosionou a palabra e deulle máis significados que o propio de acción de ter. “Fueron detenidas tres personas por tenencia ilícita de armas” “Foron detidas tres persoas por tenza ilícita de armas”. Para o lingüista Benigno Fernández tenza non debera usarse con este significado e propón posesión como substantivo para este caso. A RAG e a meirande parte dos dicionarios si recollen tenza con esta acepción.

Mais tenza é unha palabra con máis significados. Define cada unha das porcións dun monte en man común e un terreo que está dentro dunha parcela de maior tamaño sen que haxa entre medio separación ningunha. Sen saír do agro, unha tenza é un terreo cultivable que lles pertence a todos os veciños.

Chámaselle tenza tamén ao pagamento que recibe alguén por facer un servizo e tamén define á tradicional renda que os pais cobraban dos fillos cando partían a herdanza en vida e quedaban “sen nada”. Miña nai sempre di “está todo á tenza miña”, que vén significar nese contexto responsabilidade, que algo está ao seu cargo. Non ter tenza é non ter equilibrio.

Tenencia, aínda que é castelanismo para definir a acción de ter, si existe en galego como cargo de tenente (tanto na milicia coma na política municipal: tenencia da alcaldía). Tamén se lle chama así ao despacho ou oficina onde recibe un tenente do exército. Tenente, tanto en política coma na xerarquía militar, significa o mesmo, cargo inmediatamente inferior ao xefe, sexa este un alcalde ou un capitán.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: