Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Obertura

Poñémonos musicais desta volta. Obertura é un deses castelanismos ben difíciles de identificar, primeiro porque está moi estendido e, segundo, porque tamén no castelán é unha palabra estranxeira.

Obertura é unha adaptación castelá da palabra francesa ouverture, derivada do verbo ouvrir (abrir). Define a peza musical coa que se inician certas obras orquestrais, por exemplo as óperas. O galicismo estendeuse por varias linguas europeas, caso do inglés (overture) e italiano (obertura). De feito, eu sospeito que a chegada ao castelán veu vía Italia, cuxo idioma é fonte dunha millenta de termos musicais nesa lingua.

Mais o galego normativo, neste caso, toma a palabra correcta da fonte do portugués: abertura. “As aberturas das óperas ‘Carme’ ou ‘Guillerme Tell’ son hoxe músicas pop”.

Si existe en galego –e non en portugués– apertura. Considera a nosa normativa que este cultismo é o acaído para definir a acción do comezo dunha actividade ou o cambio de tendencia social a prol de admitir novos xeitos de pensar ou de actuar. De aí o neoloxismo aperturismo.

Cando falamos da acción de abrir, o galego permite usar apertura e abertura. “Pode solicitar cita tamén fóra do horario de abertura (ou apertura)”.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: