Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Rechace

Logo de anos de emprego do substantivo rechace co significado de retroceso dun corpo ao golpear contra outro, o xornalismo deportivo, comandado polo equipo de locutores de Gol T, decidiu expresarse con corrección e falar sempre de rechazo. Levamos tanto escoitando a forma incorrecta que a emenda aínda estrala no oído (para que logo digan que esa sensación só se vive no galego).

O caso é que en lingua galega rechazar é un verbo pouco querido. A RAG admíteo na norma estándar aínda que recomenda como substituto perfecto rexeitar, forma patrimonial galega, xa documentada na Idade Media. O substantivo nacido de rexeitar é rexeitamento, non rexeite, calco de rechace popularizado polos xornalistas da CRTVG.

Rechazar e rechazo si existen en portugués desde hai moito tempo xa que é unha forma procedente do francés antigo. Hai especialistas que consideran que a palabra entrou no portugués a través do castelán. Non teño datos que confirmen nin desmintan esta hipótese.

A miña recomendación é primar a forma propia rexeitar sen obsesionarnos por eliminar todos os rechazos xa que recoñezo que a palabra rexeitamento é desas que pesan no padal coma un polvorón e en determinados ámbitos, coma a narración de deportes ao vivo, incomodan máis que axudan a comunicar. Tanto rexeitar como rechazar non pode utilizarse con calquera complemento. Rechazar (ou rexeitar) a córner (ou a fóra de banda) é incorrecto. Debemos dicir botar a corner ou mandar a córner.

Verbos con semellante significado son refugar, declinar, refusar, desbotar, repeler ou desaprobar. A escolla de cada forma depende do matiz do que queiramos contar.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: