Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Escalafón

En castelán úsase escalafón para definir unha listaxe de membros dalgunha corporación seguindo unha orde por categoría, antigüidade, salario… Esta palabra está de moda nestes tempos nos que os xornais destripan o funcionamento interno dos partidos políticos e de aí que ás veces se use en publicacións ou locucións en galego. Mais esta palabra non existe no noso idioma. Considérase un castelanismo.

A orixe de escalafón non está clara. Suponse que está relacionada con escala mais esa terminación non acaba de pór de acordo os lingüistas.

En galego substituirémola por calquera dos termos de significado semellante, atendendo ao sentido da frase. Nalgúns casos será conveniente empregar escala, xerarquía, categoría ou rango. “Luis Bárcenas era pieza fundamental en el escalafón del PP”. “Luis Bárcenas era peza fundamental na xerarquía do PP”.

Noutras frases usaremos lista, listaxe e clasificación. “El albariño supera al ribeiro en el escalafón de los vinos de Europa”. “O albariño supera o ribeiro na clasificación dos viños de Europa”.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: