Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Difuminar

Difuminar é un verbo castelán derivado da palabra difumino, pequeno rolete de estopa que os pintores usaban para esfumar as súas creacións. Debemos substituílo en galego por outras formas, dependendo do uso.

Este verbo emprégase acotío en informacións e manuais de arte, especialmente en referencia á pintura e á fotografía. Nese contexto, significa ‘esvaer as cores ou as liñas’. Neste caso, en galego pódese substituír por esfumar ou desdebuxar. A técnica pictórica coñecida como sfumato, que consiste en suavizar as cores para conseguir un efecto más realista no degradado entre as zonas de luz e de sombra dunha obra. En galego podemos manter a expresión en italiano ou substituíla por esfumado.

Cando difuminar significa ‘facer que algo perda claridade ou intensidade’, as formas galegas son varias e, coma sempre, segundo o sentido do que digamos, unha escolla será mellor ca as outras. Esvaecer, esvaer e tamén ocultar, agochar, desaparecer. “El gobierno central no consiguió difuminar el escándalo de los papeles de Bárcenas”. “O goberno central non conseguiu agochar o escándalo dos papeis de Bárcenas. “

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Difuminar

  1. Cando dis “…En galego podemos manter a expresión en italiano ou substituíla por esfumado…” refíreste só á técnica pictórica, verdade?

    Non se fala en ningún momento de denominar “sfumato” a calquera degradado usado en deseño gráfico.

    Grazas. Pareceume moi interesante a entrada.

    • Graciñas por comentar e polas gabanzas, Javier:

      En efecto, sfumato é mellor deixalo para falar da técnica pictórica como un termo histórico. En deseño é mellor dicirmos esfumado ou esfumar. Saúdos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: