Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Fehaciente

Esta palabra sempre me recorda a cohecho. Primeiro, obviamente, por ese h intercalado que non é moi común e que vai aparellando as palabras que o levan. E logo porque son termos que se coan no galego a sabendas da súa estrañeza, como estranxeirismos inevitables.

E si son evitables. No caso de fehaciente, alguén quixo traducir a un cacofónico fefacente, calco castrapo que debemos evitar.

Fehaciente define a acción ou o obxecto que dá proba de que algo sucedeu ou que é testemuño dalgunha verdade. En galego debemos utilizar o adxectivo fidedigna-o xa que ao noso idioma non se trasladou a locución latina fidem faciens da que procede a palabra castelá.

Palabras de semellante significado son auténtico, verídico e verdadeiro. Coma sempre, a elección axeitada vai depender do contexto.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Fehaciente

  1. Pingback: O galego na xustiza. Algúns consellos | Dúbidas do galego

  2. Pingback: Dúbidas do Galego: O galego na xustiza. Algúns consellos. | The Muros Times

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: