Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Muletilla

Definimos muletilla como esa palabra ou expresión coa que se aduba a linguaxe para apoiar o noso discurso e darnos tempo a pensar como continualo. O triunfo dos medios espontáneos, caso da televisión en directo, aumentaron exponencialmente estas expresións e algunhas delas xa van parellas aos personaxes que as usan. Desde o “me entiendes” ao “por consiguiente”.

A súa orixe vén en efecto de muleta porque son imaxinarios bastóns que nos axudan a manter en pé as nosas construcións sintácticas. O malo é que hai moitos que de tanto bastón que usan máis que frases pronuncian andamios.

En galego debemos usar as palabras retrouso ou bordón para definir este recurso expresivo. “Los jóvenes no usan más de 500 palabras aderezadas de múltiples muletillas”. “Os novos non usan máis de 500 palabras aderezadas de múltiplos retrousos (ou bordóns)”.

Advertisements

Single Post Navigation

10 reflexións sobre “Muletilla

  1. Ola!
    Pareceme unha idea moi bonito o de chamarlle bordón, non sabia que tivese tal significado: 3. Palabra, expresión ou frase que un individuo repite ao falar ou escribir. “Remata todas as composicións co mesmo bordón.”
    Para min, os unicos bordons son os da zanfona, rabel ou gaita, pero parece que a RAG non concorda comigo xa que non aparece nunca tal significado.

    • Graciñas por comentar, Xavi. Os dicionarios, nas máis das veces, son moi reducionistas cos significados das palabras. Espero que o aumento dos límites que trae a internet cambie este concepto. Xa me contarás que é un bordón musical, pois recoñezo a miña ignorancia sobre o asunto. Saúdos

      • Pois a verdade é que é un concepto bastante simple, sabes nas gaitas que mentres tocan hai unha nota que está soando sempre? pois esa nota é o bordón, nas gaitas este son é sae do ronco que apoian no ombreiro; nos instrumentos de corda, pois é unha corda que soa sempre pero que nin se pulsa nin se lle fai nada.
        (Tampouco son un especialista pero tiña que intentar definilo hehe)
        Entendo que esta acepcion é metaforica, pois a melodia do gaitero apoiase neste son basico para que o seu insturmento non soe estridente. (Pensa en como soa o punteiro da gaita por separado ou as dulzainas castellanas)

        Cumprimentos

      • Entendo, Xavi, que a orixe dese bordón pode ser o mesmo que o do bordón (“muletilla”), unha caxata metafórica para aguantar un discurso, neste caso unha peza musical. Graciñas por comentar.

  2. Ola!
    Na guitarra tamén se chama bordón á corda máis grave e ten o mesmo sentido porque cando estás a executar un arpexo, nesta corda soa a nota tónica e as demáis desgranan o resto do acorde.

    Saúdos

  3. Ou mellor “cualificou”, non é?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: