Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Zángano

Esta palabra ten hoxe dúas acepcións en castelán que se pasaron tamén ao galego inoportunamente. A primeira: macho da abella. Neste caso, zángano é un castelanismo claro e debe ser substituído pola palabra galega abázcaro.

Nos dicionarios tamén aparece como sinónimo abellón. Mais abellón, igual que outros nomes tamén referidos ás abellas macho (abáboro ou abesouro/abesoiro) definen outros insectos da orde dos himenópteros polo que deben utilizarse con tino.

Na lingua castelá, os machos da abella colleron sona de lacazáns (en realidade é un tic machista por consideraren que na sociedade apícola se manda unha raíña femia é porque os machos son “pouco traballadores”. Atribuírlles calidades humanas aos animais é moi común, máis literario ca científico.

Persoalmente, considero que zángano co significado de persoa parasita ou pouco amiga de trabalar, debe substituírse por calquera das moitas palabras propias: amais de lacazán temos preguiceiro, folgazán, vago, calaceiro, gandulo, baleigán, vagamundo, nugallán…

En portugués si existen tanto zángano coma zângão. No primeiro caso a palabra refírese unicamente a unha persoa que fai tratos inxustos. No segundo refírese tanto ao insecto coma unha persoa parasita. Considérase castelanismo, tomado na época na que Portugal formou parte do Imperio español.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: