Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Tina e tinalla

Descubrín hai ben pouco que o VOLG non admite como propias as palabras tina e tinalla. Palabras usadas na lingua viva, a norma considéraas inadecuadas. Descoñezo o motivo. A palabra substituta que a RAG ofrece para definir unha vasilla que contén líquidos sería talla, curiosamente, emparentada coas outras dúas palabras, xa que provén dun latino tinacula, diminutivo de tina, a mesma raíz da que xurdiu tinalla.

Persoalmente, considero un erro restrinxir o uso de tina e tinalla. Tina é un latinismo puro que tamén está presente no portugués e que aparece practicamente en todos os dicionarios históricos do galego. Segundo as zonas define unha vasilla redonda, máis ancha ca alta, un recipiente específico para líquidos, unha pía ou incluso un cesto, de plástico, de vimbio ou de verga.

Nalgúns lugares tina e tinalla son sinónimos. Mais non é o común. Por exemplo, en Cequeliños e na Maraña, a tina é un recipiente ancho, de pouca capacidade, que se usa para lavar ou transportar roupa. Miñas avoas tiñan tinas feitas de metal, robustas e pesadas. A tinalla é un recipiente onde fermenta e repousa o viño denantes de se gardar nos pipos. Noutras partes a tinalla é unha medida de líquidos, especialmente para o viño, de magnitude variable segundo a localidade. “Por catro tinallas de viño querédesme cobrar esa burrada?!”

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: