Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Isleta

Contra o xeralmente pensado, isleta, co significado de sinalización na calzada que define unha área específica na que non poden entrar vehículos, non está admitida na normativa castelá. Se buscamos esa palabra no dicionario da RAE, veremos que na definición fala de grupo de árbores xuntos e illados no medio dunha chaira. É unha palabra arxentina e pouco ten a ver coa isleta do tránsito.

Así que temos un neoloxismo que inzou en Galicia mercé aos manuais de circulación que case todo o mundo papou na autoescola. É das poucas palabras castelás empregadas mal xa que o correcto na lingua mesetaria sería dicir isla.

En galego, o máis achegado ao sentido común sería traducilo por illa, sen máis. Pero coido que este campo semántico é un bo lugar para darlle un uso actualizado a algunhas palabras derivadas de illa que serven como diminutivo deste accidente xeográfico.

O dicionario da RAG recolle a forma illote como illa de tamaño pequeno. No Dicionario Estraviz engádense as formas illota, illeu e illeta.

A miña recomendación é: se queremos cinxirnos á norma, usemos illa en todos os contextos. Mais se buscamos unha forma propia e máis familiar para os oídos afeitos a dicir isleta, empregar illeta é unha escolla apropiada.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: