Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Mirilla

A palabra mirilla está moi viva entre os galegofalantes, especialmente os que viven na cidade (sobre todo nos pisos mais tamén en casas) xa que algunha vez vistes unha abertura destas nunha porta da aldea?

Para definir esa abertura estreita a través dunha porta onde se coloca un mecanismo óptico que permite ver desde dentro dunha casa quen está fora, debemos empregar mira, palabra galega viva por exemplo entre os cazadores, que falan da mira da escopeta. A pesar de que a nosa lingua permite as terminacións en -illa/o nalgúns casos illados (tortilla e bocadillo son os máis famosos), é bo desconfiar de calquera forma con esta terminación e buscar no dicionario a súa validez.

No caso de mirilla, a palabra naceu grazas a unha evolución tecnolóxica. Tradicionalmente, nas portas púñase unha mira ampla, pechada mediante un artiluxio mecánico que velaba ou desvelaba a vista. O invento dunha lente que amplía o campo de visión permitiu reducir o tamaño da mira e facer máis discreto ver quen bate na nosa porta.

Aínda lembro o frustrado que me sentía cando andei a vender bicas de Castro Caldelas para pagar a excursión de fin de curso no colexio. Levábame o demo ver como me espiaban a través da mira e logo non me abrían a porta, directamente. Mais teño que dicir na súa defensa de que eu fago o mesmo cando me veñen visitar testemuñas de Xehová ou vendedores de ADSL.

Advertisements

Single Post Navigation

3 reflexións sobre “Mirilla

  1. 🙂 eu tamén. E como presupoño que do outro lado perciben que hai movimento, e iso lles fará sentir algo mal, compadézome e digo, desfigurando a voz: mi mamá no me deja abrir la puerta cuando ella no está.
    E unha trasnadiña que me divirte, pero algunha vez xenerou certa preocupación “y como te dejan solita”?
    En fin.
    que mirilla, non.

  2. Grazas! non atopaba por ningures!!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: