Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Pundonor

Cando leo ou escoito a palabra pundonor lémbrome deseguido do Athlétic de Bilbao. Será cousa miña mais sempre recordo falaren os locutores de fútbol desta palabra cando visitaban San Mamés ou os “leóns” facían algunha das súas míticas remontas (eu sufrín como celtista dúas que me deixaran petrificado).

O galego normativo non a admite por considerar que é un castelanismo. O Estraviz e o Eladio si a recollen. O lingüista Benigno Fernández recomenda traducila por creto, unha palabra moi nosa que recolle o campo semántico da honra, da reputación.

En realidade, pundonor é un catalanismo. De punt d’honor, que vén significar algo así como estado honroso ou de plenitude moral e física.

Hoxe é unha palabra case exclusiva do fútbol mais que se beneficiou do espallamento a outros rexistros da linguaxe deportiva. Emprégase para falar dunha actitude que vai máis alá da reputación, que é superior á honra ou ao brío físico. O pundonor é ese estado no que unha persoa saca dos seus adentros o mellor que ten en calquera sentido e llelo ofrece aos demais, sexan compañeiros de equipo, familiares… Falarmos de pundonor é difícil de expresar de calquera outro xeito polo que penso que se debería admitir o seu uso en galego como empréstimo do catalán. Son moi poucas as palabras que nos chegaron desde o rico acervo deste idioma mediterráneo e paréceme inxusto renunciar a un termo tan expresivo.

E xa que falo de palabras catalás, reivindico aquí que o galego admita lletraferit, esa marabilla lingüística que define os que, coma min, somos adictos á palabra escrita. O feminino é lletraferida.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: