Dúbidas do galego

Ostentar

Velaquí un dos verbos peor usados da lingua diaria. Moitas veces úsase como sinónimo de gobernar ou desempeñar mais o seu significado é concreto e restrinxido.

En galego podemos usalo con dous significados relacionados: mostrar algo, referido a elementos abstractos, caso das cualidades. “Hugo Mallo ostentaba talento futbolístico des que era cadete”. Ou facer alarde de algo, amosándoo con orgullo e xactancia. “Ostentaba o seu título de ATS coma se fose un gran tesouro”.

Nalgúns casos, ostentar pode referirse a actos de goberno ou administración. “O empresariado vigués ostentou un poder oculto na cidade durante os anos da burbulla inmobiliaria”. Mais o lóxico cando falamos de gobernación é usarmos outros verbos como desempeñar, gobernar, dirixir…

Verbo relacionado con ostentar é detentar, un castelanismo que en galego debemos substituír por deter. Mais que significa este deter noso? Gobernar, desempeñar? Tampouco. Deter significa en galego reter algo sen dereito a facelo. Se nos referimos á política, debemos usalo só en contextos de poder ilexítimo. “En Honduras, dado que houbo un golpe de Estado, calquera presidente futuro deterá o poder sen refrendo democrático”.

Advertisement

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: