Dúbidas do galego

Gajes del oficio

A palabra castelá gaje provén do francés gage, que significa prenda ou sinal que se acepta para un desafío. Con esa definición chegou ao castelán aínda que posteriormente pasou a definir a retribución que se recibe a cambio dalgún traballo.

Mais na lingua viva quedou latente un significado lateral ao primixenio na frase feita “gajes del oficio”. Este ditado significa en castelán inconvenientes ou dificultades que leva consigo o desempeño dalgún labor. É dicir, unha prenda entendida como carga, como incomodo.

En galego poucas veces oímos a expresión en castrapo gaxes do oficio mais si a forma pronunciada á castelá gaghes. O certo é que debemos desterrar esa expresión, non intentar traducila porque non é unha forma nosa.

Persoalmente, non coñezo se existe algunha frase feita galega que poida substituír a esoutra cando queremos queixarnos dalgún atranco que atopamos nun traballo. Agradezo que quenquera que saiba como expresarmos o mesmo sentimento no noso idioma, o comparta aquí connosco.

Gaje como retribución é unha palabra en desuso mais é bo recordar que en galego temos as máis coñecidas retribución, pagamento, soldo mais tamén a tradicional tenza, que significa xusto isto: pagamento a cambio dalgún servizo.

Single Post Navigation

6 reflexións sobre “Gajes del oficio

  1. E que tal “pexa” ou “atranco”, sen máis ou acompañados de “desta angueira” ou “do meu labor”?

  2. Ola,
    O profesor Carlos Garrido no seu libro “Léxico Galego: Degradaçom e Regeneraçom” recomenda dicilo como Ossos do oficio. Ainda que nunca tal cousa ouvin na vida real pareceme unha boa proposta.
    Un saudo.

  3. Madialeva o dixo:

    No Dicionario Cumio de Expresión e frases feitas, de Xosé Antonio Pena, atopamos dúas. A xa comentada de “Ósos do oficio”, e “Espiñas do oficio”.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: