Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Testemuña e testemuño

A petición dunha boa amiga, explico as principais diferenzas destas dúas palabras e aclaro como se expresan en galego os diferentes significados da palabra castelá testigo.

Testemuño é a declaración que fai alguén que foi testemuña de algo. Tamén o indicio ou proba que dá fe dalgunha cousa. “Esta factura é o testemuño de que vostede estivo nese puticlub”. É dicir, substitúe o castelán testimonio.

Así mesmo define o obxecto cilíndrico que se emprega nas carreiras de remudas (en galego non debemos dicir de relevos) e que se pasa entre atletas en cada quenda. Neste caso substitúe o castelán testigo.

Testemuña define a persoa que testifica un feito por ter coñecemento del. É palabra feminina que designa tanto homes coma mulleres. “Laureano Oubiña di que foi testemuña de lazos evidentes entre política e narcotráfico”.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: