Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Vitola

Unha das escusas máis recorrentes dos que abominan de aprender galego na escola (ou axudar a que os fillos o aprendan) son os cambios ortográficos de uso do b e do v en relación ao castelán: avogado, voda, avoa, bafo… É coma se fose o galego o errado cando na meirande parte das palabras foi a ortografía castelá a que ignorou a etimoloxía do termo cando fixou as regras.

Vitola é un castelanismo ortográfico. É dicir, a palabra é correcta mais debe escribirse con b. En orixe, a bitola é calquera unidade de medida que se asume por convención como válida para un determinado obxecto. Tamén define unha peza que se use como unidade de medida, caso das varas de medir que se utilizaron até hai ben pouco no comercio das teas.

Mais hoxe en día, a bitola relaciónase cos cigarros puros. O anel que cada medida de habano levaba recibiu ese nome até o punto de que a fita de papel é hoxe coñecida como bitola.

O Dicionario Estraviz dá outro significado para a palabra dentro da expresión beber á bitola, que se aplica nas formas de beber de recipientes a distancia, caso de botas ou porróns. Sería o contrario ao que se entende por beber a morro, é dicir, pegando os labios á billa deses recipientes.

Existe aínda outro significado en galego para a palabra: condición social alta. “Foi ser nomeado secretario xeral e abandonar os amigos de sempre por xente de moita bitola”.

Non é correcto empregar bitola como sinónimo de marca ou etiqueta. “Ese entrenador carga, injustamente, con la vitola de ser ultradefensivo”. “Ese adestrador carga, inxustamente, co sinal de ser ultradefensivo”.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: