Sotaque
A palabra sotaque non está admitida na normativa oficial do galego. Considérase un lusismo innecesario e inexistente na lingua viva de Galicia. Para definir o conxunto de características peculiares da pronunciación propia dos habitantes dun determinado país ou lugar, a RAG recomenda empregar acento.
É claro que a palabra sotaque non aparece historicamente no galego e cando aparece faino como deformación de socato (como sinónimo da expresión de súpeto: “De sotaque puxéronse a ladrar os cans sen eu oír ningún ruído”). Mais tendo en conta que a normativa é algo rañetas coa palabra, xa que acento tamén define a maior intensidade de voz con que se pronuncia unha sílaba dunha palabra e tamén o signo de ortografía que pode ter diferentes formas e se coloca enriba dalgunhas vogais marcando o acento de intensidade e algunhas veces o timbre aberto ou pechado, segundo unhas determinadas regras, coido que non lle viría mal algún sinónimo.
A palabra sotaque é de orixe descoñecida. Amais de no portugués, no galego literario é unha palabra usada acotío e cun significado xa familiar para os galegofalantes. Eu recomendo usala como sinónimo subordinado ao máis común e xeral acento.
Manda carallo! sotaque un lusismo! é voz do galego asturiano!
bomm, teñoo visto en textos literarios da zona, ehem, continúo a investigar…en calquera caso aparece na lingua literaria, a RAG está especializándose en castrar o galego
Graciñas por comentar. Apertas
O uso da palabra sotaque pode dar máis riqueza léxica ás obras literarias. Imaxínaste que estivesen todo o tempo falando de acentos? Unha obra literaria ten de usar moitos sinónimos pra denominar unha mesma cousa; xa que con iso aumenta a riqueza léxica da obra, aumenta o vocabulario do leitor e faise menos pesada a leitura.
E xa sei que o normativo é lector e lectura. Mais nos libros de Castelao ou dos autores da década dos 1920 e 1930 usaban formas como perfeito, leitor… Ademais, esas son as formas admitidas no portugués.
E por iso uso esas formas. Porque existen no galego, foron usadas polos maiores autores da nosa literatura e están admitidas no portugués.