Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Llanta

A palabra llanta é un castelanismo. Na nosa lingua a súa presenza é case completa entre os galegofalantes porque, en realidade, este termo é un neoloxismo.

Llanta define, en castelán, preferentemente, “o cerco metálico que recobre as rodas dos carros”, é dicir, as proteccións que se facían de metal para non danar tanto a madeira da circunferencia.

O coche de motor mudou a enxeñaría do transporte. A antiga peza única transformouse en dúas: unha peza metálica aparellada ao eixo de forma circular e, sobre esta, un pneumático sobre o que o automóbil roda. Se a lingua fose coherente, o pneumático había de ser chamar en castelán llanta, pois en parte o caucho fai o mesmo que aquela antiga protección metálica dos carros.

Mais a evolución lingüística é caprichosa. O termo (un galicismo seguramente tomado xa no medievo da palabra francesa jante) que definía a parte de fóra da roda, pasou a definir a parte de dentro.

O galego, incapaz de reaccionar ao tempo en cuestións de cambio social pola súa posición subordinada na sociedade, si tiña a súa propia palabra. O que os casteláns definen como llanta en galego chámase lamia, do latín lamina, xa que esa protección que levan as rodas de madeira non deixa de ser unha lámina metálica.

A normativa, calcando a decisión lingüística castelá, promove lamia como substituto do castelanismo llanta. É unha decisión común a todos os idiomas do noso contorno. En portugués utilizan directamente a palabra francesa: jante.

Advertisements

Single Post Navigation

4 reflexións sobre “Llanta

  1. Porqué en galego non pode ser jante? eu úsoa en portugués non non vexo problema en usar xante. Lamia é a dos carros de bois e é de metálica (lámina)

  2. Pingback: Ventanilla | Dúbidas do galego

  3. Creo que hai que espallar o termo lamia. O problema é que é raro que se fale dese tema, polo tanto o mellor sería traducir un videoxogo de F1, Need for speed, Gran Turismo…, ao galego xa que aí si que se usa bastante “lamia”, se estivese traducido ao galego.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: