Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Fastidiar

O verbo fastidiar é desas formas que a Real Academia permite en galego mais desaconsella. A súa admisión no dicionario de referencia débese a que é un cultismo (do latín fastidium, que en galego deu fastío e en castelán hastío), ao igual ca o adxectivo fastidio. Ao mesmo tempo, recomenda substituílo por enfastiar, forma máis galega (tamén presente en portugués) para o significado de causar enfado, cansazo ou aburrimento, tres substantivos sinónimos de fastío, segundo as circunstancias.

Enfastiar é, na fala viva, un verbo morto. Apenas se usa na lingua culta e practicamente está fóra dos escasos medios de comunicación que se expresan en galego. O uso estándar preferiu amolar para este significado e considero este verbo, xunto con aborrecer, formas máis “independentes” ca o enfastiar, tan apegado ao castelán fastidiar.

Segundo o contexto, pódese usar anoxar, cansar, incomodar ou importunar. “Deja de fastidiar con la pelotita”. “Deixa de importunar (ou incomodar) coa pelotiña”.

Tiña eu un profesor de Ciencias, que se chamaba Gustavo e era de Lalín, que sempre dicía que “fastidiar estaba bien pero joder estaba mejor”. O galego permite, sempre no uso coloquial, utilizar a forma foder co significado de causar dano ou fastío. En realidade, agás na expresión fódase –interxección para expresar admiración, sorpresa, indignación…–, o seu uso en galego está moi abandonado. Até o meu avó Baltasar, que de estar vivo, tería 97 anos, dicía acotío: “Seica me ghodes ou pides para as almas”, maneira que na Maraña inventaron para escorrentar a quen se quere burlar de ti ou facerche perder o tempo. Meu irmán tivo épocas de dicir moito aquilo outro de “Home, non me ghodas”. En calquera caso, foder e foderse son sinónimos xenuínos e reivindicables de enfastiar e enfastiarse.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Fastidiar

  1. Se te convidan de boa gana comes por complacelos, se te convidan de mala gana comes por fodelos…. Isto me di ás veces meu tio-avó de O Cádavo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: