Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Retrasar

O verbo retrasar e os seus derivados, o substantivo retraso e o adxectivo retrasada/o son castelanismos moi adheridos á nosa fala viva. Debémolos substituír en todos os casos pola forma propia atrasar, atraso e atrasada/o.

A forma galega é a máis etimolóxica, xa que o verbo atrasar vén directamente de atrás. No castelán é posible que se optase por unha forma afrancesada (retarder). Curiosamente, en calquera contexto no que nesa lingua se usa retrasar pódese empregar atrasar, o que denota que a forma con re- é relativamente moderna.

No noso idioma temos outros verbos sinónimos para algúns dos significados de atrasar: adiar, postergar, pospoñer, aprazar… e tamén o galicismo retardar.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Retrasar

  1. Boas. Pódesnos comentar o que opinas disto? Será mexar fóra do testo?: http://endlciastgo.wordpress.com/2013/06/04/sendeirismo-por-galicia-para-smartphone/

    • Penso que sendeiro é unha palabra galega, documentada no galego-portugués medieval e recollida polos dicionarios desde o século XIX. A escolla de sendeirismo como nome para a práctica deportiva de percorrer camiños sen asfaltar pois claro é que está calcada do castelán. Os portugueses usan caminhada. Nada impediría usar esa fórmula en galego. De feito, informalmente tamén se usa. Saúdos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: