Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Xeringuilla

A pesar desa terminación en -illa, que xa pon en alerta o oído dos galegofalantes, este castrapismo está moi presente, tanto na fala coma na escrita menos coidada. O obxecto destinado a extraer ou inxectar líquidos formado por un tubo e un émbolo tamén o vemos grafado como xeringa en múltiplas ocasións. Neste caso, o castrapismo faise menos obvio ao renunciar ao diminutivo mais segue a ser incorrecto.

Curiosamente, o castrapismo imponse por hipercorrección de moitos falantes, que consideran diciren xiringa unha forma vulgar. Como noutros casos, a forma castelá (jeringa, jeringuilla) funciona como canónica e moitas veces triunfan as formas máis próximas á pronuncia foránea.
Xiringa non é só a forma correcta e máis común na fala (até o punto de que incluso en castelán escóitase moitísimo falar de “jiringas”) senón que é a máis fiel á etimoloxía do termo. Do grego syriggos (tubo) tomaron os latinos a palabra, que adaptaron como syringa.

Loxicamente, o que se poñen coas xiringas son inxeccións, non “inecións” ou inllecións”, como ás veces se escoita. Cómpre volver insistir na necesidade de normalizar a lingua sanitaria. Nin a dirección do Sergas respecta a lexislación lingüística neste servizo público nin son suficientes os esforzos de institucións de normalización por xeneralizar o vocabulario propio nunha área social tan ampla e con tanta importancia estratéxica.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: