Dúbidas do galego

Sen embargo

Admitido pola normativa galega até o 2003, considerouse forma impropia logo da aprobación da normativa de consenso. Desde ese momento desaparecen da lingua estándar, ademais, nembargantes e nembargante. Substitúense por non embargante.

De todos os xeitos, todas as formas de locución conxuntiva adversativa baseadas no substantivo embargo considéranse importadas. Embargo non é unha palabra vella no idioma galego e si no castelán, onde antigamente equivalía a incomodidade, de aí o de “sin embargo”.

A forma culta máis usada para ese significado é non obstante. Mais coa normativa de consenso dúas locucións “novas” se tomaron do portugués: no entanto e porén.

Loxicamente, ao se introduciren hai tan pouco, o seu percorrido é curto mais xa se nota, especialmente na lingua escrita, tanto en xornalismo coma na industria do libro.

Aquel pacto do 2003 foi decisivo para unir ao redor dunha norma común a forma correcta de escribir e falar a nosa lingua. A avinza rematou coa chamada normativa de mínimos, que buscaba achegarse ao portugués especialmente tomando dese idioma as súas regras de acentuación e utilizando a separación mediante trazo dos pronomes persoais (falando-lle). Un dos grandes logros, por exemplo, foi unir á normativa oficial partidos como o BNG ou cabeceiras históricas do xornalismo como ‘A Nosa Terra’.

Hoxe en día, ese consenso é moi maioritario entre as institucións culturais e sociais que empregan o galego. Algunhas voces antano partidarias deste consenso decidiron, individualmente, aceptaren a normativa reintegracionista ou lusista. Mais a influencia desa postura é marxinal en Galicia e non conta apenas con soportes de expresión editorial nin sociopolítica.

Advertisement

Single Post Navigation

6 reflexións sobre “Sen embargo

  1. Reblogueó esto en AsturGalicia Noticiasy comentado:
    Add your thoughts here… (optional)

  2. Outros cambios que se fixeron foron:
    – ‘A pesar de’ pasa a ser ‘malia’
    – As palabras que antes remataban en -ería, agora prefírese que rematen en -aría(carnizaría, armaría, zapataría, lavandaría…), agás algunhas palabras como batería, galería e pouco máis nas que só se admite a terminación -ería.
    – Pódese dicir Galiza
    – Prefírese a terminación -bel fronte a -ble e cos derivados, igual (amábel, posíbel, estabelecemento, probabelmente…)
    Entre outros.
    Persoalmente, a min gustaríame que aceptasen algunhas palabras hipergaleguistas(primaveira, sinceiro, sinceiramente, zoa, pra, escea…) ou adaptar a parte oral á escrita(detrais e atrais).As linguas evolucionan e creouse unha tendencia e é a escrita a que se ten que adaptar a parte oral e non ao revés.Despois, algúns queren cambiar o ll polo lh(olhos, trabalho, trabalhando, coelho, parelha…), o nh polo mh(algumha, ningumha, umha…) e o ñ polo nh(cocinha, ganhar, Espanha, espanhol, pequeninho…).A min estes cambios non me importaría que se fixeran xa que non afectaría a parte oral(da igual que se escriba dunha maneira ou outra, falar vaise seguir falando igual, así que non teríamos que mudar a nosa forma de falar, seguiríamos falando igual).Respecto á parte escrita, con estas cambios a forma de escribir pareceríase máis ao portugués(lembremos que vimos do mesmo idioma : o galego-portugués), entenderíamos mellor un texto en portugués e volveríamos a utilizar unha grafía máis parecida ao galego-portugués.Na miña opinión, o galego oral e o portugués oral teñen poucas diferenzas.As maiores diferenzas están na escrita, nas grafías que se usan para escribir.

    • Arturo Novo o dixo:

      Dende logo, español non! En Portugal, en calquera lugar de Portugal, podo falar galego sen que ninguén me faga de menos. En España se falo en galego disque son un maleducado. Ao meu entender falar de lingüa española e lingüa portuguesa non é correcto. Non existe tal cousa, existe o castelán e o galego moderno.

  3. E quero deixarvos unha pregunta :
    Que somos e que queremos ser : españois, galegos ou portugueses?

  4. Moi bó espazo que tes aquí montado. Noraboa tanto pola idea -que tan ben nos ven ás veces ós que non somos galegofalantes a diario- como pola escritura en si. Creo que é a primeira vez na vida que entendo realmente o que é unha “locución conxuntiva adversativa” (máis ala de sabelo para o exame).

    Que sigan rulando esas verbas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: