Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Grifo

Se ides a calquera zona onde haxa viño e parades unha persoa da veciñanza para lle preguntar como lle chama ao aparello provisto dunha chave que serve para extraer líquido dunha cuba, seguro que, automaticamente, di “billa”. Mais se sinalades semellante dispositivo, xeralmente feito de metal e plástico, que se atopa en lavadoiros e outros recipientes, con moita probabilidade, esa mesma persoa dirá, automaticamente tamén, “grifo”. Mesmo instrumento, dous nomes. O galego oral éche coma a China, un mesmo idioma, dous rexistros: o de sempre, cun léxico autóctono, o novo, aínda que no fondo sexa a mesma cousa, en castelán.

En calquera contexto, o instrumento que serve para controlar o paso da auga mediante unha chave recibe o nome na nosa lingua de billa. Esta é unha das poucas palabras prerromanas que conservamos. Os entendidos aseguran que o étimo orixinal tamén se empregaba noutros países da área céltica, caso das illas Británicas.

Algúns dicionarios históricos admiten tamén torneira. Palabra habitual para este significado en portugués, nalgúns lugares permanece viva para definir a billa dos barrís polo que pode empregarse, xustificadamente, como sinónimo perfecto de billa.

Grifo en castelán ten unha orixe curiosa. No pasado era común que as chaves da auga estivesen deseñadas con formas de animais para aproveitar a imaxe artística do xorro de líquido saíndo dunha boca. E un dos animais preferidos era un ser mitolóxico con cabeza e asas de aguia e corpo e poutas de león: grifo, en castelán. Mais non en galego.

Este animal mítico recibe en galego o nome de grifón, forma máis semellante ao latino gryphum. Os romanos tomaron a palabra do grego gripós, que significa “de nariz curvado”. Así que debemos lembrar que grifo é castelanismo en todos os casos.

Advertisements

Single Post Navigation

4 reflexións sobre “Grifo

  1. Reblogueó esto en AsturGalicia Noticiasy comentado:
    Add your thoughts here… (optional)

  2. Teño demasiado arraigada a imaxe do meu avó sacando o viño do barril cunha billa (moito antes de termos un cuarto de baño decente na casa) como para aplicar esta palabra en calqueira outro contexto. Ademais, as “billas” dos baños teñen un aspecto e un mecanismo ben diferentes, non miro por qué non han de recibir tamén nomes distintos. E para defini-lo eliximos grifo, nome co que veu, por moi castellanismo que se considere.

    • Seguindo o teu razoamento, o galego é unha lingua moribunda, sen capacidade de adaptación. Cando o teu avó usaba a billa no pipote, xa había outro tipo de billas, as de rego, por exemplo, cun mecanismo ben parecido ao das billas dos lavabos, duchas ou bidés. As linguas vivas utilizan o seu patrimonio e renóvano cando cómpre para fortalecelo e aseguralo no tempo. Grazas polo comentario.

  3. Grifón, grifo, mira ti que diferencia…

    O que pasa é que a academia propón e o pobo dispón, sempre foi así, en galego coma en castelán. E como os señores académicos un día formaron parte do pobo, por relevo xeracional, van aceptando o que o pobo vai dispoñendo.

    Mira se non a diferencia entre o castelán que propuso Nebrija e o actual. Cos extranxerismos e outros cambios que adoptou e adaptou está máis vivo que nunca.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: