Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Malta

Do cereal do orxo (tamén coñecido como cebada) pódense extraer uns grans que, logo de fermentalos, secalos e torralos úsanse para elaborar bebidas alcólicas, principalmente whisky e cervexa. Tamén serve para facer infusións. Este preparado recibe en galego o nome de malte, en masculino, fronte ao castelán malta.

A palabra malte é unha adaptación galega e portuguesa do anglicismo malt. Foi nas illas Británicas onde se inventou este composto, hoxe común en moitas das bebidas que se consomen en Galicia.

Os entendidos en whisky gaban moito o escocés de malte, que adoita ter 40º de alcol e pasa até tres anos en pipas de carballo antes de se embotellar. A cervexa de malte máis famosa é a de tipo Märzenbier (cervexa de marzo) elaborada en Baviera desde a década do 1950. Como daquela non había neveiras, os fabricantes de cervexa preparaban a última serie no comezo da primavera, cun extra de malte (son as coñecidas como cervexas de duplo malte) para estabilizar o lévedo nos meses de máis calor. En Galicia fabrícase cervexa de malte. As altas temperaturas que se aveciñan son, para quen gusta da cervexa, a mellor escusa para deleitarse cun vaso ben escumado e frío coma a neve.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: