Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Subraiar

O verbo subraiar é unha clara mostra de castrapo. Do castelán subrayar eliminamos o único elemento claramente foráneo, ese y ausente na nosa ortografía. E listo.

Para evitarmos este pseudogaleguismo debemos recorrer, coma noutras ocasións, á fonte limpa do portugués. A lingua irmá segue a forma habitual nas linguas europeas –agás en castelán e catalán– na construción deste verbo. A definición é clara: trazar unha liña horizontal debaixo de algo escrito; metaforicamente, enfatizar aqueles conceptos que interesa destacar. De aí utilizar a palabra liña co prefixo sub- (debaixo).

Subliñar considérase unha palabra culta, de aí que aínda que a pronunciemos sen ter en conta o b, non sexa correcto grafala suliñar. Os seus derivados son subliñada-o e subliñador (rotulador de cor fluorescente útil para resaltar palabras nun texto escrito).

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: