Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Liderazgo

O castelán utiliza en moitas ocasións o sufixo -azgo para indicar condición ou dominio dun substantivo cuxo significado case sempre refire autoridade, dominio ou superioridade. Temos arciprestazgo para salientar o dominio dun arcipreste; maestrazgo para o territorio do mestre dunha orde militar (entre outras cousas); mayorazgo para explicar o concepto xurídico polo que o fillo maior dunha familia nobre recibe na súa totalidade as terras de seus pais…

Liderazgo é un neoloxismo en castelán (a palabra líder non ten máis de 100 anos, cando se tomou do inglés leader) para definir a condición de predominio ou superioridade de algo ou de alguén. “El liderazgo de España en paro juvenil es indiscutible en la UE”.

E que facemos no galego con ese sufixo? Pois substituílo con formas propias. O máis común entre nós para indicar territorio ou condición de é o -ado, -edo: úsase na toponimia (Carballedo) e na fala viva: mestrado, arciprestado e liderado. Mayorazgo en galego dise morgadío, como explicamos noutro artigo.

Admitida a forma líder como anglicismo xeneralizado pola prensa deportiva e as novas formas políticas, a norma considerou formar o seu derivado co sufixo patrimonial, deduzo que pola súa rápida extensión na fala. Historicamente tamén se usou liderato ou liderádego mais son formas hoxe en día alleas á lingua estándar.
A norma considera que a forma patrimonial do galego sempre é con -ado. Así non diremos patronato senón padroado. En casos de palabras cultas si se mantén, polo xeral, a terminación en -ato: anonimato, por exemplo. “O liderado de España en paro xuvenil é indiscutible na UE”.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: