Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Finca

Esta palabra é un castelanismo. Mais non só. É unha desas palabras mal empregadas tamén polos castelán falantes de Galicia.

Finca significa, segundo a RAE, propiedade inmoble rústica ou urbana, é dicir, é un termo especializado da linguaxe xurídica. Mais curiosamente, úsase moito, mercé á xeneralización da linguaxe inmobiliaria, e case sempre mal.

Como este non é un blog de dúbidas do castelán, non inciderei máis no tema, só debo engadir, para facilitar a substitución por termos galegos, que finca en castelán non diferencia se esa propiedade está construída, en ruínas ou sementada de patacas.

Por iso as recomendacións que nalgúns dicionarios aparecen son incorrectas. Non podemos traducir finca por leira nin por terreo nin por soar. Logo veremos por que.

A palabra substituta perfecta para finca é predio, que, segundo a RAG, significa propiedade inmoble, exactamente o mesmo que a palabra castelá. “El alcalde de Barbadás es propietario, a través de sociedades pantalla, de más de 50 fincas en su ayuntamiento”. “O alcalde de Barbadás é propietario, a través de sociedades pantalla, de máis de 50 predios no seu concello”.

Un terreo só pode empregarse se a tal propiedade inmoble non ten ningunha estrutura construída. Terreo é un termo xeneralista, que tanto define unha carballeda coma un cascalleiro.

Se o terreo tivo en tempos algunha construción (hoxe en día arruinada) ou pode ser edificable, podemos empregar a palabra soar. Dicir soar edificable é unha redundancia. O que define a esencia do soar é, xustamente, esa condición construtiva.

A leira define un terreo dedicado á agricultura. Entre o amplísimo campo semántico do agro é dos termos máis xerais mais aínda así non podemos falar de leiras edificables, agás que no momento de así chamalas teñan un cultivo de vide ou de millo agardando a escavadora para lle dar paso a un edificio de nove andares.

Advertisements

Single Post Navigation

4 reflexións sobre “Finca

  1. Moitas grazas por compartilo! É certo que parece ser un erro frecuente, non só entre a xente, senón tamén nos medios de comunicación.

  2. Sería interesante saber a etimoloxía de “soar” pois na miña vila nunca o escoitei chamar así. A un pagano coma min en esta materia parécelle que podería vir de “terreo ó que lle da o sol” e por tanto interesante para construír unha casa e no caso de ser así non entendo que non leve o “l” igual ca en castelán.

    • Graciñas por comentar, Antón:

      Soar procede de solum (solo). A perda do l intervogálico é habitual en palabras patrimoniais. O caso máis semellante é o de dolum, que en galego deu en dó e en castelán en dolo e duelo. Saúdos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: