Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Durmirse

O campo léxico do sono en galego (non confundir con soño) é máis amplo ca o do castelán. Na lingua mesetaria todo se vai arranxando co verbo dormir. “Me dormí” non é o mesmo ca “Dormí”.

En galego, durmir non se usa como verbo reflexivo e é castelanismo gramatical dicir “Durminme”. O verbo durmir ten no noso idioma o significado de estar nun estado de suspensión da consciencia ou repousar, ben coa forma intransitiva ou transitiva: “Xa durmín un sono des que marchastes”.

Cando falamos de quedar durmido ou prender no sono, en galego podemos usar o verbo trasgolar, recollido no dicionario Estraviz. Se queremos unha forma máis estándar e xeneralizada utilizaremos o verbo adormecer. “Sempre é a mesma cousa; é pór Telecinco e adormecer”. Adormecer tamén se emprega para referirnos á perda de sensibilidade dun membro do corpo, principalmente mans ou pés. “Fiquei quedo nunha mala postura e adormeceume o brazo dereito”.

O estado de suspensión da consciencia do que falabamos pode ser inducido. Nese caso podemos utilizar o verbo durmir en forma pronominal: “Para esa operación dórmente de todo”. Sábese que así está correcto se se pode substituír por anestesiar: “Para esa operación anestésiante”. Adormentar pode ser sinónimo de durmir + pronome ou de anestesiar. Tamén se emprega co significado de facer durmir a alguén con métodos “naturais”. “É especialista en adormentar a nena no colo”. Tamén podemos empregar adurmiñar neste contexto.

Advertisements

Single Post Navigation

2 reflexións sobre “Durmirse

  1. Especialmente interesante esta entrada. Poderías comentar tamén sobre quentar(se?)-quencer-arrequecer, que tamén tiña ganas de telo claro. E, xa postos, por que non nos explicas como dicir “teño as lentes *raiadas”? Porque relados non sería o mesmo…, riscados ao mellor? A ver se nolo aclaras.

    Saúdos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: