Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Plantilla

Coma noutros casos, o castelanismo plantilla ocupa cunha palabra soa moitos significados diferentes que en galego debemos ir substituíndo un por un. Para a lingua castelá dá o mesmo falar dunha peza que se insire no interior do calzado que do conxunto de traballadores dunha empresa; para a lingua galega, non.

Cando falamos dunha táboa, folla de papel ou prancha cortada do mesmo xeito (ángulos, figuras e tamaños) que ha ter a superficie dunha peza e que logo se ha usar para copiala ou cortala, en galego debemos usar padrón ou modelo. “Con el primer número de nuestra revista, las plantillas para confeccionar un jersey de bebé”. Co primeiro número da nosa revista, os padróns para confeccionar un xersei de bebé”.

A peza, xeralmente fabricada en escuma ou silicona, que se coloca no interior do calzado con fins terapéuticos ou profilácticos, chámase en galego soleta. Esta palabra, derivada de sola, é desas que están practicamente extinguidas e cómpre recuperar.

Se falamos da relación ordenada de persoas que traballan nunha empresa, o termo máis acaído é cadro de persoal ou persoal. “PSA sustituye parte de su plantilla fija por plantilla eventual”; “PSA substitúe parte do seu persoal fixo por persoal eventual”. A locución de plantilla débese traducir por contratado/a. “El informático no es de plantilla”; “o informático non é contratado”.

A palabra plantel é ben curiosa. Úsase habitualmente en medios de comunicación en galego como forma máis “galega” para os significados de plantilla como cadro de persoal ou conxunto de membros dun club deportivo. En realidade, plantel é un castelanismo que introduciu a prensa deportiva española da linguaxe deportiva arxentina e uruguaia. No portugués (especialmente no brasileiro) tamén se emprega neste contexto aínda que se recoñece como empréstito do castelán. Persoalmente, tendo en conta as necesidades de recursos léxicos da linguaxe deportiva, considero que debería admitirse este neoloxismo aplicado unicamente aos grupos deportivos.

Advertisements

Single Post Navigation

5 reflexións sobre “Plantilla

  1. Outro uso frecuente de “plantilla”, no ámbito da informática, é o documento dixital que se utiliza como base para facer outros. Os famosos arquivos .dot de Word son un bo exemplo. En realidade é un uso moi semellante ao primeiro que comentas, “táboa, folla de papel ou prancha cortada do mesmo xeito” e que traduces no exemplo como “padrón”. Parece haber consenso en utilizar “modelo” para este uso.

  2. Devecía por unha nova entrada ! Benvido de novo. 🙂

  3. Estou de acordo con que habería que aceptar plantel, no ámbito deportivo. Iso si, como está a Galega, e ninguén lles di nada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: