Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Duende

Este castelanismo ten unha etimoloxía curiosa e moi elocuente. Duende é unha contracción de “duen de casa”, onde duen vén de dueño. Así que tanta leria coa propiedade privada e a arela compartida por posuírmos unha vivenda e resulta que o dono é unha figura sobrenatural cuxo principal labor é burlarse dos humanos e asustalos facendo balbordo nas casas.

As palabras galegas para substituír duende son trasno e trasgo. Na nosa mitoloxía existen nomes distintos para cada presenza espectral. Recordemos que un trasno é un ser traste que goza facéndonos rabiar. E de aí que trasno/a se use tamén para definir unha crianza que non para quieta e pasa o día a facer aduanadas –ou trasnadas.

Duende aparece nalgún dicionario galego, caso do Estraviz, seguramente porque é unha palabra de uso frecuente no portugués. É un deses moitos castelanismos aceptados na lingua irmá.

Cando en castelán se usa a locución (moi usada en andaluz) tener duende, a forma de traducir será por ter encanto, talento ou xenio. “En la cantera del Sevilla sobra duende en sus jugadores de banda”. “Na canteira do Sevilla sobra xenio nos seus xogadores de banda”.

Quero recomendar, para coñecer máis sobre as nosas crenzas populares, o libro ‘Dicionario dos seres míticos galegos, de Xoán Cuba, Antonio Reigosa e Xosé Miranda, precioso volume que editou Xerais coas ilustracións do cubano Lázaro Enríquez. Porque, por exemplo, non é o mesmo un trasno ca un tangaraño, espectro especialmente maligno que se mete nos corpos dos cativos e os chucha por dentro. Nin tampouco é o mesmo ca un lémure, fantasma de tradición latina que lles tiñan gran carraxe aos vivos e pasaban o tempo a atemorizalos.

Na mitoloxía fantástica moderna, as máis das veces seguidora do universo literario de J.R.R. Tolkien, confúndense os trasgos cos orcos. Nin unha cousa nin a outra significan o mesmo en galego que para o escritor británico. O orco é simplemente un dos nomes do inferno. Da variante urco xorde un animal sobrenatural, con aspecto de can cornudo, de cor negra e tamaño xigantesco. De aí que ás veces se lle chame can do Urco. E xa que falo do Urco, quero aproveitar para gabar o labor da editora galega Urco, especializada en literatura fantástica e de aventuras.

Advertisements

Single Post Navigation

3 reflexións sobre “Duende

  1. É dicir, que “Duende Verde” no galego sería “Trasno Verde” ou “Trasgo Verde”; non?

  2. Podes borra-lo primeiro comentario (no que puxen “é dicir,” só, e cando o fagas, borra este que acabo de escrever tamén).

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: