Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Canivete

Desta volta falamos dunha palabra en perigo de extinción que ten dous significados e orixes distintas.

Ao falarmos de canivete, podemos estar a referirnos ben ao tubo onde se coloca o saco que contén a pólvora dun foguete. Ou ben pode definir unha pequena navalla, segundo o dicionario da RAG.

Aínda que no dicionario aparece canivete cunha única orixe etimolóxica, o certo é que deberiamos falar de dúas palabras homónimas, con historias diferentes e un resultado gráfico idéntico.

O canivete co que lle tiramos punta ao lapis é un anglicismo. De knife, que significa coitelo en inglés, o galego tirou esta forma (compartida co portugués). Posiblemente, foron os mariñeiros os que introduciron o termo xa que o contacto marítimo coas illas británicas deu outras formas hoxe propias coma brus (cepillo, de brush) ou piche (asfalto, de pitch). En portugués, a palabra alcanzou maior campo semántico xa que un canivete define un bisturí cirúrxico.

Cando nos referimos ao canivete que terma dos fogos artificiais, temos que reparar na forma cana. Canivete é unha forma diminutiva que se constrúe ao xeito doutros derivados de cana, caso de canaval. Aínda hoxe, o material que se utiliza xeralmente para fabricar as pezas do foguete é a cana galega ou valenciana.

Da forma canivete, por analoxía, xurdiron outros significados. Na Maraña, un canivete é alguén moi fraco, que apenas se pon en pé. Este significado emparenta co significado que ten no Brasil de cabalo moi fraco.

Ademais, canivete define o acto sexual, igual ca foguete. En Vigo moitas veces sentín dicir canigüei, forma evoluída e un tanto de xiria. Coma con moitas outras palabras galegas urbanas, castelanfalantes, especialmente os máis novos, usan canigüei pensando que é un termo castelán.

Advertisements

Single Post Navigation

Unha reflexión sobre “Canivete

  1. Teñ outra.opinión sobre a orixe de canivete. É palabr xermánica, mais non procedente do inglés actual, senón do suevo. É palabra patrimonial galego-portuguesa, outramente non se explicaría a coincidencia da derivación dese knife, nin o seu uso no interior de Galicia, ben lonxe de influencias portuarias. Tén o seu tamén vello equivalente catalán: Ganivet, de orixe goda.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: