Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Natillas

Como lle chamamos en galego a esa sobremesa que se fai batendo en quente ovos e leite con azucre? A palabra asentada por completo en Galicia é natillas, castelanismo obvio.

Daquela, en galego temos dúas opcións: a normativa recomenda o uso de crema de ovo. É unha solución á francesa, onde crema se utiliza tamén para definir a materia graxa do leite.

Esa analoxía séguea o lexicólogo Isaac Estraviz, que propón nata ou natas. Nas rexións do norte de Portugal úsase natas para definir máis ben o que nos definimos como crema pasteleira xa que o equivalente á sobremesa da que falamos é chamada en Portugal leite-creme.

Considero que ambas solucións son de difícil implantación. Palabras mortas antes de chegaren a crecer. Crema de ovo é teoricamente consistente pero é ambigua na práctica. Nata relaciónase coa tona do leite. Só natas podería tomar ese significado distinto que lle daría o plural.

Non son moi amigo de lexitimar castelanismos mais hai casos nos que cómpre facelo. Igual que admitimos bocadillo e tortilla, sen saír da terminación -illa e da linguaxe gastronómica, son partidario de aceptar este empréstimo para definir esta substanciosa e calórica sobremesa.

Advertisements

Single Post Navigation

4 reflexións sobre “Natillas

  1. I like bocadillo tortilla e natillas! 🙂

  2. Ola, estou completamente en desacordo co señor. Dende o meu entender, calquera solución (Crema de ovo, Creme de leite, leite-creme ou natas) son mellores solucións que natas + illa, xa que aínda que o termo natas poida ser correcto o sufixo illa a parte de innecesario é alleo.
    Como tecnicamente é unha crema, e penso que os nomes das cousas deben axudar ao receptor a comprender o termo, optaría por unha solución que inclúa a palabra «Crema» para designar a esta crema. Na miña casa gostamos destas sobremesas, cando estas teñen unha crosta de azucre queimado denominamos a tan suculento prato Crema catalá, por que catalá? Non teño nin idea, pero polo menos sei que estou a comer unha deliciosa crema.

    Un saúdo, e continua escribindo as túas opinións aínda que… non sempre poidamos concordar 😀

    PD: creo que o termo e concepto «Crema catalá» invalida parcialmente o teu argumento sobre implantación destes léxicos, de facto, xa se podería dar por implantado.

    • Moitas grazas por comentar, Xavi. Espero que o fagas moitas veces. Sempre pensei neste blog coma nun espazo de debate.

      Tes razón cando dis que crema ten un significado parello noutras mesturas semellantes. De feito, eu falo no artigo de crema pasteleira. Mais, coido, o problema non é de implantación dun produto novo e diferenciado senón de substituír unha palabra implantada por completo con outra (a crema catalá non é unha forma que substitúa a outra).

      A normativa recomenda crema de ovo e, loxicamente, é a opción máis recomendable na escrita en galego estándar mais, na miña opinión persoal, en casos moi específicos é preferible optar por un estranxeirismo xa xeneralizado antes que apostar por un concepto cuxa asunción social sería lenta e quizais non se conseguira nunca. Apertas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: