Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Cupo

A palabra castelá cupo ten unha orixe curiosa. Procede da expresión “que cupo”, onde cupo corresponde á terceira persoa do pretérito do verbo caber, é dicir, a cantidade que entrou, que coubo, que colleu nun espazo limitado. Hoxe en día define a parte proporcional que lle corresponde a unha persoa ou entidade.
En galego debemos substituír esta palabra seguindo o seu contexto. Cando falemos da porcentaxe ou parte de algo podemos empregar participación, porción ou quiñón. “La patronal exige de la Seguridad Social que reduzca el cupo que pagan las empresas del seguro de sus plantillas”. “A patronal esixe da Seguridade Social que reduza a participación que pagan as empresas do seguro dos seus cadros laborais”.

Tamén son palabras acaídas nalgúns contextos cota, cabida ou capacidade. “El PP se opone a los cupos femeninos en las listas electorales”. “O PP oponse ás cotas femininas nas listas electorais”.

Hai casas onde se lles chama cupos ás escrituras de repartición testamentaria das terras. Nese caso empregaremos partillas, escrituras ou testamento.

Para traducir a expresión excedente de cupo, que definía en tempo o mozo en idade de ir ao servizo militar que quedaba exento, debemos utilizar exento ou librado por sobrepasar o continxente.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: