Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Deterioro

No galego que usamos acotío, incluso nos rexistros máis formais, como pode ser a escasa prensa ou os discursos políticos e universitarios, cóanse centos de formas incorrectas que se van asentando no oído grazas á confirmación permanente que, paradoxalmente, nos chega do castelán, especialmente o da prensa, os libros e a política.

Hai formas castelás que podemos considerar irregulares que teñen a virtude de converter en “malsoantes” os termos propios, máis coherentes e lóxicos. Eis o caso de deterioro. Esta palabra forma parte dunha serie de neoloxismos que no castelán se impuxeron de xeito incoherente a partir de determinados verbos.

É dicir, deterioro procede do verbo deteriorar. Para expresar –tamén en castelán– un substantivo que exprese a acción dun verbo, usamos derivados rematados en -ción ou -mento (miento en castelán). Así temos (en castelán) desterronamiento, compilación… tamén na súa forma irregular: lección (acción de ler), recepción (acción de recibir)…

Mais nalgúns casos, o castelán optou por descartar na lingua viva as formas coherentes, que aínda así se manteñen no dicionario. Por exemplo, suministro venceu a tamén correcta suministración. E deterioro impúxose a deterioración.

No galego debemos descartar estas formas e aplicar a lóxica que vimos antes. Cando nos refiramos a un substantivo que expresa a acción dun verbo, polo xeral debemos engadir -ción ou -mento. No caso do verbo deteriorar: pór algunha cousa en mal estado ou empeorar algunha situación, a RAG recomenda unicamente deterioración. Outros dicionarios tamén inclúen deterioramento, forma viva no portugués e –do meu punto de vista– máis eufónica.

No caso de subministrar, empregaremos subministración, unicamente. Noutros casos escóllese a forma rematada en -mento unicamente, caso de financiamento. Financiación é considerado castelanismo. En realidade, a palabra histórica do castelán tamén era financiamiento. Financiación é un neoloxismo incoherente co resto de linguas romances. En italiano dise finanziamento; en francés financement; en catalán finançament.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: