Dúbidas do galego

Just another WordPress.com site

Hipo

Para definir o movemento involuntario e compulsivo do diafragma, que interrompe a respiración e produce un ruído, o castelán emprega hipo, voz que practicamente reproduce o ruído que facemos cando padecemos este molesto trastorno.

En galego debemos utilizar algunha das varias formas propias para referirnos a este problema. A máis recomendable, na miña opinión, é impo. Por que? Primeiro porque á hora de introducir un novo termo sempre resulta máis doado recordar formas semellantes ás que queremos substituír. E segundo porque as demais opcións están connotadas a outros significados.

É o caso de salouco e os seus sinónimos saluco e sotelo. Aínda que os dicionarios constatan que o seu significado principal responde a ese movemento do diafragma, na lingua común son palabras máis relacionadas co seu segundo significado: choro entrecortado, constantemente interrompido por ruídos da gorxa ou do nariz. “Souben que a vella Mariña morrera cando oín os saloucos da súa filla asolagaren o patio de luces”.

Aínda así, saluco e sotelo son palabras minoritarias que ben poderían xeneralizarse por esta vía. “Para que che pase o sotelo, coloca unha man plana sobre a cabeza e aguanta a respiración dez ou 15 segundos”.

Sotelo é unha palabra moi presente na nosa onomástica como apelido e –xa menos– na toponimia. Non ten nada a ver con estoutro sotelo. É unha deturpación do galego soutelo, bosque pequeno en orixe. Hoxe hai 34 núcleos de poboación co nome de Soutelo.

Soutelo, na lingua común, define hoxe un bosque de castiñeiros de pequeno tamaño. Andar ao soutelo é o costume de andar ao rebusco de castañas, logo da colleita. Era habitual entre a xente pobre peneirar os soutos procurando os froitos esquecidos nos ourizos.

Advertisements

Single Post Navigation

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: